AS HABITACIÓNS

DISPOÑEMOS DE 7 HABITACIÓNS DISPOSTAS NAS TRES CASAS.

Todas elas conxugan na decoración teitos de madeira, paredes de pedra, cun mobiliario rústico-moderno que fai destas un pracer para o descanso.

No módulo central atópanse as dúas habitacións especiais, Alca na primeira planta e Arao na segunda planta, esta con teito abufardado. A ambas accédese por unha escaleira de madeira desde a recepción, teñen bañeira de hidromasaxe e unha pequena zona de estar.

Noutro dos módulos dispoñemos de 4 habitacións dobres, Alcatraz e Gaviota na planta alta con teito abufardado e un distribuidor polo cal se comunican entre elas, ideais para unha familia con nenos. Na planta baixa están dispostas Flamenco e Frailecillo, as dúas con entrada independente e un pequeno xardín.

No terceiro módulo dispoñemos da habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida. Accédese a ela desde o xardín sen ningún chanzo, tamén con entrada independente, amplo baño e vistas ao campo.

En todas elas cabe a posibilidade de montar una cama supletoria.

ALCA

Ampla habitación na primeira planta, situada na casa principal con máis de 3 séculos de antigüidade. Ten unha zona de estar cun sofá cama, cama de matrimonio de 1,50 por 2 metros, baño con bañeira de hidromasaxe, teitos de madeira, paredes de pedra e vistas ao xardín e ao bosque.

ARAO

Habitación abufardada, na segunda planta da casa principal, con zona de estar con sofá cama, dúas camas individuais de 1,05 por 2 metros xuntas. Elegante decoración con teitos de madeira e paredes de pedra, bonitas vistas ao campo e bañeira de hidromasaxe.

GAVIOTA

Gaviota e Alcatraz comunícanse entre elas desde un distribuidor, ideal para familias. Atópase na planta superior, ten teito abufardado de madeira, paredes de pedra e bonitas vistas ao campo, camas de 1,05 x 2  metros e bañeira de hidromasaxe.

ALCATRAZ

Gaviota e Alcatraz comunícanse entre elas a través dun distribuidor, ideal para familias. Situada na planta superior, ten teito abufardado de madeira, paredes de pedra, ampla ducha de obra, vistas ao bosque e cama de matrimonio de 1,50 por 2 metros.

FLAMENCO

Habitación situada na planta inferior con entrada totalmente independente, vistas ao campo e un pequeno xardín anexo. Ten teito de madeira e paredes de pedra. Está dotada de dúas camas de 1,05 por 2 metros xuntas e ducha de obra.

FRAILECILLO

Frailecillo tópase na planta inferior con vistas ao bosque, ten entrada totalmente independente e un pequeno xardín contiguo, teito de madeira e paredes de pedra. Dispón dunha cama de matrimonio de 1,50 por 2 metros y bañeira.

CORMORÁN

Habitación en planta baixa con acceso individual sen ningún chanzo e adaptada a persoas con mobilidade reducida, vistas ao campo, teito abufardado de madeira, ampla ducha de obra, cama de matrimonio de 1,35 por 2 metros e un sofá cama ideal para un neno.

Se reserva directamente con nós garantímoslle o mellor prezo.

Scroll Up