O CONTORNO E AS ACTIVIDADES

A Costa da Morte, solitaria, salvaxe e espectacular. Natureza en estado puro.

A ría, aberta aos ventos do noroeste, penetra na terra case 4 km. Na súa costa setentrional se abre una baía que alberga o porto e a vila de Camariñas, famosa polos seus encaixes de palillos. Cara aointerior, a ría de Camariñas perde pouco a pouco os seus atributos mariños para unirse mansamente coas augas do río Grande en Porte do Porto.

A visita ao faro de cabo Vilán é unha etapa obrigada en toda ruta pola Costa da Morte que se prece, como o camiño dos faros. Unha pista de terra xunto ao mar que enlaza o porto de Camariñas, a ermida da Virxe do Monte, o cabo Vilán, o Cemiterio dos Ingleses, Monte Branco, Arou e Camelle.

Praias salvaxes como son as praias de Reira. Na praia do Trece pódese coñecer o verdadeiro rostro da Costa da Morte: un litoral solitario que desvela un pasado de tráxicos naufraxios en cada roca. Praias de areas brancas, batidas polas bravas olas do océano Atlántico.

A maior parte do litoral de Camariñas está incluído na Rede Natura 2000, debido a que contamos con importantes ecosistemas mariños e á biodiversidade de flora y fauna existentes.

Velo para sentilo.

ACTIVIDADES

Sendeirismo e ciclismo

Multitude de camiños e sendeiros tanto pola costa como polo interior, como o famoso camiño dos faros.

Paseos en canoa

Desde o club náutico de Camariñas pódense alugar canoas para descender o río Grande ou ben remar pola ría.

Rutas guiadas

En temporada estival pódese gozar da ruta dos naufraxios pola costa, ruta guiada por mariscadoras na ría de Camariñas…

Visitas culturais

Nun radio de poucos quilómetros pódense visitar faros de primeiro orde, igrexas románicas, o castelo de Vimianzo, o dolmen de Dombate do Neolítico, o castro celta de Borneiro, o Museo do Encaixe, o Museo de Man, o Cemiterio Inglés, pazos típicos galegos, a ruta dos dolmens, os batáns de Mosquetín…

Actividades acuáticas

Cursos de vela desde o club náutico, pesca, deportes acuáticos, mergullo, sol e praia…

Lugares naturais de interese

Praia do Trece e Monte Branco, cascada do río Xallas en Ézaro, caldeiras do río Castro, Os Verdes…

Scroll Up